Sanidade
O CHUS recibe un premio por un proxecto innovador para administrar doses óptimas dos medicamentos
A Unidade de Investigación do Servizo de Farmacia desenvolveu un ‘software’ para realizar recomendacións posolóxicas precisas

O equipo responsable do proxecto premiado / Cedida

A Unidade de Investigación do Servizo de Farmacia do CHUS vén de recibir un premio no 68º Congreso Nacional da Sociedade Española de Farmacia Hospitalaria (SEFH) celebrado en Bilbao, dotado con 6.000 euros, polo proxecto R-evolución farmacocinética, co que se conseguiu desenvolver e implementar unha ferramenta software para administrar doses óptimas dos medicamentos. Esta ferramenta permite realizar “recomendacións posolóxicas de precisión mediante a aplicación de técnicas farmacocinéticas – referidas á acción do corpo sobre o medicamento– e farmacoxenéticas –relativas á forma en que os xenes dunha perosa afectan a como responde aos medicamentos– ”, segundo informou o hospital santiagués a través dun comunicado.
O centro hospitalario explica que na actualidade só o 34.1% dos servizos de farmacia realiza informes farmacocinéticos, debido principalmente á falta de ferramentas informáticas modernas, intuitivas e versátiles para realizar recomendacións posolóxicas. “Os software máis utilizados datan de finais do século pasado e presentan limitacións relevantes para a práctica clínica”, engaden. Deste xeito, o proxecto do CHUS conseguiu desenvolver interfaces intelixentes que permiten aos facultativos “introducir os datos clínicos de forma áxil e intuitiva”.
Á súa vez, as características do software, desenvolto en colaboración co grupo VARPA da Universidade da Coruña, posibilitan a activación de modelos preditivos individualizados proporcionando as doses óptimas personalizadas. O CHUS sinala que a versión beta desta ferramenta xa está dispoñible para os seus profesionais, sendo utilizada principalmente no eido das enfermidades infecciosas, e estando prevista a súa extensión a outros ámbitos nos próximos meses.
O coordinador da unidade que desenvolveu o proxecto, Anxo Fernández Ferreiro, indicou que “é un claro exemplo da investigación orientada ao paciente e á poboación a través de actividades de transferencia”. Pola súa banda, a xefa de Servizo de Farmacia, Irene Zarra, destacou a importancia de facer investigación nos Hospitais para poder atopar “solucións reais aos problemas de saúde”.
O proxecto está enmarcado dentro do ámbito da saúde dixital, unha das prioridades en sanidade marcadas polo Consello da Unión Europea. Así, na reunión de alto nivel da E-Health Network (rede europea de saúde dixital) celebrada na última semana de setembro en León “deixou patentes as enormes oportunidades” deste campo, indica o hospital. Deste xeito, Fernández espera que “o premio sexa un impulso para seguir traballando con entusiasmo e perseveranza en proxectos complementarios cos que pretendemos integrar técnicas de intelixencia artificial no campo da farmacocinética”.
- El gallego licenciado en la USC por el que apuesta RTVE para presentar ‘Directo al grano’ tras los cambios de Javier Ruiz, Jesús Cintora y Gonzalo Miró
- La profesora compostelana que encontró su lugar en Australia: 'En Galicia deberíamos vivir más enfocados en nuestra naturaleza
- La Panadería Moure dice adiós a Pontepedriña tras más de 70 años: «Los clientes venían porque les gustaba nuestro pan, pero también por el trato»
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- Un vehículo se sale de la vía en una calle de Santiago, se empotra contra un banco y deja varias personas heridas
- Cuatro orquestas y diez conciertos: la gran verbena con Los Satélites que llega esta semana a 30 minutos de Santiago
- La reina de las flores: un recuerdo a María Pardo
- Los compostelanos que resisten a la presión turística: vivir y trabajar en la zona vieja de Santiago