Mobilidade

Cortes de tráfico debido ás obras na praza da Nosa Señora da Mercé de Conxo

As actuacións que se levarán a cabo teñen unha duración prevista de dous meses

O transporte urbano non se verá afectado

A praza da Nosa Señora da Mercé de Conxo

A praza da Nosa Señora da Mercé de Conxo / Cedida

El Correo Gallego

Dende este xoves, 26 de outubro, dan comezo as obras de reurbanización da praza da Nosa Señora da Mercé de Conxo, situada ao final da avenida de Ferrol. Os traballos que se van realizar na zona teñen unha duranción prevista de dous meses.

Según explican dende o Concello implicarán o corte da circulación no sentido de baixada cara á rotonda de Conxo, manténdose a circulación de subida, polo que o transporte urbano non se verá afectado.

Plano da actuación que se levará a cabo na praza da Nosa Señora da Mercé de Conxo

Plano da actuación que se levará a cabo na praza da Nosa Señora da Mercé de Conxo / Concello

Haberá un corte no cruce da avenida de Ferrol coa rúa Xosé Pasín, por onde só poderán acceder os residentes e os servizos do último tramo da avenida.

O segundo corte da obra será na entrada da propia praza.

Os vehículos que saian da cidade cara a rotonda de Conxo baixando pola avenida de Ferrol, deberán desviarse pola rúa José Angel Valente ata a rúa Xosé Pasín, e desde esta acceder á rúa Sánchez Freire e desembocar na rotonda.

O Concello de Santiago de Compostela prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións no tráfico lle poidan ocasionar.