Sebastian Zinca, novo director asistente da Real Filharmonía de Galicia
O xurado destacou das catro persoas finalistas o gran nivel amosado durante o proceso de selección
![Sebastian Zinca foi elixido director asistente da RFG para o ano 2024](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/ea927c42-260f-4bac-8887-53c99e274b02_16-9-discover-aspect-ratio_default_0_x971y974.jpg)
Sebastian Zinca foi elixido director asistente da RFG para o ano 2024 / RFG
A Real Filharmonía de Galicia rematou este xoves o proceso de selección de dirección asistente para o ano 2024 cun concerto no Auditorio de Galicia no que as catro persoas candidatas dirixiron a orquestra. Ao remate da actuación, o xurado anunciou a elección de Sebastian Zinca como novo director asistente da orquestra.
O tribunal, composto por Baldur Brönnimann, director principal e artístico da RFG; Sabela García Fonte, directora técnica; e James Dahlgren, concertino da orquestra, destacou das catro persoas finalistas o gran nivel amosado. O público asistente tamén deu a súa opinión xa que puido votar o seu favorito a través dun código QR que se facilitou ao comezo.
O elixido
Sebastian Zinca é estadounidense con ascendencia peruana e romanesa. Completou os seus estudos de dirección na Academia Sibelius de Finlandia como alumno de Sakari Oramo. Como parte da súa formación, dirixiu a case todas as orquestras importantes de Finlandia, onde debutou como director convidado coa Orquestra Sinfónica de Oulu. No ano 2021 recibiu a medalla de prata no Terceiro Concurso Internacional de Dirección Antal Doráti de Budapest (Hungría).
Ademais, foi bolseiro de dirección na Academia do Festival de Lucerna, onde traballou durante tres semanas de forma intensiva en música contemporánea, e no Festival de Música de Aspen. Tamén actuou con orquestras dos Estados Unidos, Finlandia, Alemaña, Hungría, Romanía, España, Italia e a República Checa.
Proceso selectivo
![Los cuatro finalistas al término de la prueba en el Auditorio de Galicia](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/219792c8-0053-48c1-9b63-751df7dcfd43_alta-libre-aspect-ratio_default_0_x1359y1708.jpg)
Los cuatro finalistas al término de la prueba en el Auditorio de Galicia / RFG
Durante esta semana, tanto nos ensaios como na actuación final, as persoas candidatas traballaron coas obras Dumbarton Oaks, de Igor Stravinski; Schattenhaft, de Hugo Gómez-Chao, e a Sinfonía núm. 2 en Re Maior, op.36, de Ludwig van Beethoven. Ademais, tiveron entrevistas tanto coa dirección da orquestra como cos músicos.
Ao proceso presentáronse un total de 111 persoas de todo o mundo, das que foron escollidas oito para participar nos ensaios do pasado luns. Posteriormente seleccionáronse catro finalistas: María Camila Barbosa, Bernat Quetglas, Constança Simas e Sebastian Zinca.
Agora, Sebastian Zinca, traballará directamente coa Real Filharmonía durante o vindeiro ano. Terá unha experiencia formativa en todos os aspectos prácticos do mundo musical profesional: dirección, programación, formación, relación con outras institucións artísticas, etc. Zinca gozará dunha oportunidade para profundar e impulsar a súa carreira coma director profesional baixo a mentoría do director artístico e titular da RFG, Baldur Brönnimann.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- La lluvia reaparece en el verano de Galicia: este es el pronóstico de MeteoGalicia para el fin de semana
- La misa y ofrenda floral en honor a Rosalía de Castro congregan a más una treintena de instituciones gallegas
- Dos menores heridas en Muros al saltar desde un puente cuando pasaba un barco por debajo
- Impresionante chalet de ensueño en Santiago de Compostela: a 10 minutos del centro y 30 de la playa, todo un lujo a buen precio
- Esta es la aldea gallega que se encuentra al borde de los acantilados más altos de Europa: en la provincia de A Coruña
- La ola de calor se atenúa en Galicia: el alivio será temporal porque así se prevé el tiempo
- Os premios Alba de Compostela conseguen unir a todos os membros da Corporación local