Raxoi abre ao tráfico o Campiño da Ferradura mentres dure o corte da Avenida da Coruña
Redacción
Na xornada de onte quedou aberto ao tráfico o Campiño da Ferradura de maneira provisional, mentres se manteña o corte da Avenida da Coruña por mor das obras de reurbanización do Campus Sur. “O obxectivo é facilitar unha saída a maiores para os vehículos que circulan pola avenida das Burgas”, indicaron este xoves dende o Concello de Santiago. Coa apertura do Campiño da Ferradura os vehículos que circulan pola Avenida das Burgas poderán sair pola rúa do Campo do Cruceiro do Gaio, “opción preferible se se dirixen cara Galeras”; ou por Campiño da Ferradura para incorporarse á rúa do Pombal, “opción preferible para os vehículos que se dirixen ao centro da cidade”.
A Avenida da Coruña, no tramo comprendido entre a avenida das Ciencias e a avenida Antonio Raimundo Ibáñez, e a avenida de Compostela, no tramo comprendido entre as avenidas de Antonio Raimundo Ibáñez e a avenida das Burgas, quedaron pechadas ao tráfico o pasado luns por mor das obras de reurbanización do Campus Sur. O tráfico procedente da rúa de Rosalía de Castro é desviado pola avenida das Ciencias, e o procedente da avenida das Burgas continúa polo tramo aberto da avenida de Compostela e Cruceiro do Gaio, e agora tamén polo Campiño da Ferradura.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- La lluvia reaparece en el verano de Galicia: este es el pronóstico de MeteoGalicia para el fin de semana
- La misa y ofrenda floral en honor a Rosalía de Castro congregan a más una treintena de instituciones gallegas
- Dos menores heridas en Muros al saltar desde un puente cuando pasaba un barco por debajo
- Impresionante chalet de ensueño en Santiago de Compostela: a 10 minutos del centro y 30 de la playa, todo un lujo a buen precio
- Esta es la aldea gallega que se encuentra al borde de los acantilados más altos de Europa: en la provincia de A Coruña
- La ola de calor se atenúa en Galicia: el alivio será temporal porque así se prevé el tiempo
- Os premios Alba de Compostela conseguen unir a todos os membros da Corporación local