O Concello pón na mesa a parcela do CiMUS como solución provisional ao párking do CHUS
A Xunta de Goberno aprobou tamén a licenza para un aparcamento provisorio na Travesía da Choupana
Agardan fixar estes días a data para reunirse de novo coa Xunta

Os problemas de aparcamento no CHUS agraváronse coas obras do centro de Protonterapia / Jesús Prieto

“Cremos que a solución que propuxo a Corporación local á Xunta, á beira do CiMUS para que alí se poida facer un aparcamento provisional mentres se pensa nalgo a medio prazo é factible e pode servir para aliviar a situación actual”. Así se refería onte a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, ao ser preguntanda en rolda de prensa pola problemática de mobilidade e aparcamento na contorna do Hospital Clínico (CHUS), que se agrava co inicio das obras de ampliación do hospital e do novo centro de Protonterapia.
“Os problemas de aparcamento son unha realidade que padece a poboación que ten que vir ao hospital”, recoñecía Sanmartín, que afirmaba que o Goberno local propón “reforzar o transporte de autobuses nos lugares onde a Xunta diga que ten persoal traballador do Sergas residente en Santiago”. Nesta dirección afirmou que o executivo segue a traballar “no que ten que ver con rematar os accesos pero o tema urxente e prioritario é conseguir que haxa de maneira provisional ou definitiva un aparcadoiro na contorna”.
A alcaldesa insistiu en lembrar, sobre este punto, que “a maioría da Corporación” dixo que iso o ten que facer a Xunta pero puxemos enriba da mesa unha parcela e modificacións para ampliación do hospital”. Segundo a rexedora, o informe solicitado pola Xunta sobre estas modificacións está xa na súa fase final e trátase dun documento que recolle propostas “de transporte, mobilidade e urbanismo moi desenvolvidas, na vía de colaboración do Concello” para resolver esta problemática “no curto e no medio prazo”.
Sanmartín adiantou que agarda que nos próximos días se poida poñer xa data á xuntanza do Goberno local coas consellarías de Sanidade e de Infraestruturas. Unha reunión “na que entendo que non debe interferir para nada a campaña electoral”, indicou a alcaldesa.
Na mesma comparecencia anunciouse a aprobación da Xunta de Goberno da licenza de aparcadoiro provisorio na Travesía da Choupana. Un estacionamento que levará a cabo a Xunta a petición da empresa que realiza a ampliación do CHUS e que contará con 140 prazas que, “segundo trasladou o Sergas no seu momento, está pensado para que poida estacionar o persoal traballador do Hospital Clínico”.
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- El electricista que ilumina Santiago: «Calquera rúa do casco vello con luces de Nadal é máis bonita que unha de Vigo»
- Accidente en Santiago: los bomberos trabajan para liberar a posibles víctimas atrapadas en un coche volcado
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El pueblo gallego que se transforma y brilla con luz propia en Navidad: a poco más de una hora de Santiago
- Sanmartín, sobre el cierre del túnel del Hórreo: 'É lamentable utilizar como medida de presión unha molestia á veciñanza
