A Floristería Lilas faise co primeiro premio do concurso de escaparatismo de Nadal
No certame entregáronse ata un total de seis distincións aos escaparates mellor decorados da cidade
![A Floristería Lilas faise co primeiro premio do concurso de escaparatismo de Nadal](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/88502be9-e9d6-47e8-b519-0407099e59ba_16-9-discover-aspect-ratio_default_0.jpg)
A Floristería Lilas faise co primeiro premio do concurso de escaparatismo de Nadal / Concello de Santiago
A Floristería Lilas vén de ser distinguida co primeiro premio do concurso de escaparatismo de Nadal, convocado desde o Departamento municipal de Comercio. Así o propuxo o xurado, que lles concedeu o segundo e terceiro premio á A tenda da Caldeirería e a Pilgrim Bag, respectivamente. Con esta iniciativa, o Concello de Santiago trata de promover a creatividade dos comerciantes á hora de presentar os seus escaparates, contribuíndo así ao incremento do consumo no comercio local durante a época de Nadal.
No certame entréganse ata un total de seis distincións aos escaparates mellor decorados, valorando cuestións como o conxunto, a capacidade de xeración do desexo de compra, a orixinalidade, o emprego de elementos á venda no propio negocio, ou o uso de materiais de refugallo. En total, repartíronse 5950 euros en premios.
O xurado, conformado por representantes das asociacións de comerciantes de Santiago, a asociación Ourives de Compostela, a Unión de Consumidores de Galicia, e unha experta en interiorismo e decoración, sentenciaron que a Floristería Lilas acadase o primeiro posto.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- La lluvia reaparece en el verano de Galicia: este es el pronóstico de MeteoGalicia para el fin de semana
- La misa y ofrenda floral en honor a Rosalía de Castro congregan a más una treintena de instituciones gallegas
- Dos menores heridas en Muros al saltar desde un puente cuando pasaba un barco por debajo
- Impresionante chalet de ensueño en Santiago de Compostela: a 10 minutos del centro y 30 de la playa, todo un lujo a buen precio
- Esta es la aldea gallega que se encuentra al borde de los acantilados más altos de Europa: en la provincia de A Coruña
- La ola de calor se atenúa en Galicia: el alivio será temporal porque así se prevé el tiempo
- Os premios Alba de Compostela conseguen unir a todos os membros da Corporación local