Defensa da legalidade dos contratos do Goberno de Sánchez Bugallo na pandemia

A petición de explicacións foi defendida polo edil do PP José Antonio Constenla

Durante a pandemia da Covid o Goberno central permitiu asinar contratos de 'emerxencia'

Durante a pandemia da Covid o Goberno central permitiu asinar contratos de 'emerxencia' / Jesús Prieto

O PP levou ao debate do Pleno local a petición de explicacións sobre os contratos de emerxencia asinados na pandemia, e sobre os que o Consello de Contas apuntaba que non constaba explicitamente a xustificación da emerxencia. Unha petición que topou de fronte coa oposición de PSOE e Goberno local, porque como resumiu a alcaldesa Goretti Sanmartín, “os contratos foron suficientemente auditados e non se detectou ningunha irregularidade”. 

O edil socialista Gonzalo Muíños foi especialmente incisivo co edil do PP José Antonio Constenla, que defendeu a petición. Muíños amosou a súa “tristeza de ter que defender esta moción” por mor de que segundo a súa apreciación a bancada ‘popular’ estaba a usar “unha cuestión tan importante para facer ruído”. O socialista convidou ao PP a diferenciar entre “urxencia e emerxencia” e defendeu que se “seguiu escrupulosamente o procedemento da secretaría municipal.

O edil de Facenda, Manuel César, defendeuse das acusacións de falta de transparencia asegurando que os contratos se publicaron no portal correspondente ata o 22 de abril de 2022 e os posteriores “aparecían na relación de contratos menores”.