A veciñanza de Torreira de Arriba denuncia continuos cortes de auga

O último tivo lugar este martes, o cal implicou quedar sen o servizo durante dúas horas

Manuel García, veciño: "Os técnicos arranxan as tubaxes pero aos poucos días rompen de novo”

Imaxe dunha excavadora na rúa Torreira de Arriba este martes

Imaxe dunha excavadora na rúa Torreira de Arriba este martes / Cedida

A veciñanza da rúa Torreira de Arriba, no barrio de Vista Alegre, sufre cortes de auga continuos polo mal estado no que se atopan as tubaxes. “No último ano e medio sufrimos preto de cincuenta cortes de auga”, comenta en conversa con EL CORREO Manuel García, veciño do lugar. O último tivo lugar este martes pola mañá e a reparación prolongouse durante dúas horas, sendo visibles os traballos de maquinaria pesada. García di que “os técnicos arranxan as tubaxes pero aos poucos días rompen de novo”. 

O veciño de Torreira de Arriba, canso desta problemática ve como “se non pagas a auga córtancha, pero se temos o servizo constantemente inactivo non nos descontan nada na factura”. 

Dende o Concello indican que “existe un problema de tubaxes antigas, que vén de moitos anos atrás”. Desde a concesionaria de augas, apunta Raxoi, “realízanse as actuacións de reparación das canalizacións nos tramos afectados”.

Manuel García, en nome dos veciños, tamén se queixa do recente peche duns cincuenta metros da zona de aparcamento da mesma rúa. “Non se nos informou de cal é o problema”, relata. Con respecto a esta cuestión Raxoi declara que “se vai a valorar por parte de persoal técnico se é precisa unha intervención nesa zona, e por iso puxeron un valado”. 

Suscríbete para seguir leyendo