Oportunidade en Santiago: formación gratuíta para condutores profesionais de vehículos pesados

O curso comeza o 22 de abril e é obrigatorio para o desempeño das funcións de condutor/a de vehículos pesados de transporte por estrada

É totalmente gratuíto e subvencionado: as inscricións están abertas e poden realizarse ata o próximo 17 de abril

Tráfico de transportes de mercancías por la AP-9

Tráfico de transportes de mercancías por la AP-9 / CHAPELA

B. C.

O sector do transporte está actualmente demandando a incorporación de novos condutores e condutoras profesionais. Para quen desexe incorporarse a esta profesión, que garante un 100% de empregabilidade, xorde unha oportunidade única en Compostela: a partir do próximo día 22 de abril, terá inicio na sede da Sinerxías, en Santiago, localizada na Costa de San Marcos, nº 3, un grupo formativo para aspirantes a obter a cualificación inicial do CAP e o permisso de condución de vehículos pesados C, destinados ao transporte de mercadorías.

Formación gratuíta en Santiago para obter o permiso de condución de vehículos pesados

Formación gratuíta en Santiago para obter o permiso de condución de vehículos pesados / Sinerxía

Esa formación, obrigatoria para o desempeño das funcións de condutor/a de vehículos pesados de transporte por estrada, será totalmente gratuíta e subvencionada. Os alumnos só deberá abonar o custo das taxas administrativas pertinentes de Tráfico e Mobilidade de inscrición a exame e emisión de tarxeta, psicotécnico e prácticas en camión que excedan das 10 horas subvencionadas.

As inscricións están abertas e poden ser realizadas ata o día 17 de abril (ou ata o límite de prazas), tanto por persoas traballadoras ocupadas (por conta propia ou allea) como por desempregadas, co único requisito de posuír o diploma de conclusión do ensino secundario, ensino técnico básico, certificado de profesionalización de nivel 1 ou equivalente.

Para obter máis información ou formalizar a inscrición para esta acción formativa, os interesados deben poñerse en contacto con Sinerxías a través do teléfono 881243589 ou dirixirse directamente á sede en Santiago de Compostela, na Costa de San Marcos, nº 3 - baixo.