A Igrexa da Universidade inaugura hoxe a mostra 'A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego'

Aberta ao público desde este martes e ata o 15 de maio, inclúe obra de 73 fotógrafos que traballan para medios ou como 'freelance' na comunidade

A exposición abrirase ao público este martes

A exposición abrirase ao público este martes

Redacción

A Igrexa da Universidade de Santiago (USC) inaugura esta tarde, a partir das 13.30 horas, a mostra fotográfica A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego, organizada pola Asociación de Periodistas de Galicia (APG) e polo Colectivo Profesional de Fotoxornalistas de Galicia, e na que se inclúen 73 obras doutros tantos fotógrafos de prensa, entre eles os de EL CORREO GALLEGO Antonio Hernández e Jesús Prieto, que traballan para medios ou como freelance na comunidade.

A exposición será inaugurada este luns polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a vicerreitora de Estudantes e Cultura da Universidade de Santiago, Pilar Murias, e xa desde este martes e ata o 15 de maio estará aberta ao público de martes a sábado, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 h., con acceso libre.

O obxectivo da exposición é intentar poñer en valor o traballo dos reporteiros gráficos de toda a comunidade, algún deles con décadas de experiencia ás súas costas. En A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego darase a coñecer ao gran público unha representación da obra de cada un dos profesionais, imaxes nalgúns casos inéditas e noutros publicadas en medios impresos. ecg