'Libro por Libro' e 'Bookcrossing' na Granell para conmemorar a Semana do Libro
A fundación súmase á celebración do Día Internacional do Libro coas actividades Libro por Libro e Bookcrossing, que fixeron por primeria vez nos anos 2009 e 2006 respectivamente

Fotos de participantes no Libro por Libro na Biblioteca da Fundación Eugenio Granell e o cartel da actividade / CEDIDA
Miguel R. Taboada
Na semana do día do libro, do 23 ao 25 de abril, a Biblioteca da Fundación Eugenio Granell organiza a actividade Libro por libro, que consiste en que todos aqueles particulares e institucións que o desexen poderán intercambiar os seus libros por calquera dos que se atopan nos stocks de libros repetidos da Biblioteca da Fundación Eugenio Granell (con sede no Pazo de Bendaña, na compostelá praza do Toural).
Asemade, a Fundación Eugenio Granell convida a calquera biblioteca interesada nesta iniciativa a participar connosco.
A filosofía da actividade pode resumirse no lema: "Alguén ten un libro que ti queres, alguén quere o libro que ti tes".
Pola súa parte a biblioteca conta con libros repetidos (novos e usados) dos eidos da arte, da cultura, das ciencias sociais, etc. así coma libros que edita a propia fundación, que serán postos a disposición do público xeral co fin de intercambialos por outros títulos das seguintes áreas temáticas: surrealismo, vangardas e arte étnica.
Para realizar o intercambio deberán dirixirse á Biblioteca da Fundación Eugenio Granell de 11:00h a 14:00h e de 16:30h a 19:00h.

Cartel da Semana do Libro 2024 na Fundación Eugenio Granell / CEDIDA
Bookcrossing
O martes 23 de abril, a Fundación Eugenio Granell, unirase a outros centros e museos de todo o mundo nunha experiencia de bookcrossing coordinada polo Museo ARTIUM de Vitoria-Gasteiz. Ese día compartiran un vídeo comunitario no que cada un dos museos recomendará a lectura dun ou varios libros. #Bookcrossing2024.
23 de abril - Día internacional do libro
O día do libro é o vindeiro 23 de abril, festividade de San Xurxo, patrón de varios países –Inglaterra, Portugal, Bulgaria, Ucraína, Etiopía, Xeorxia...– e de moitas cidades, en España é o patrón de cidades como Cáceres, Santurce (Biscaia), Santurdejo (A Rioxa), Alcoi e Banyeres de Mariola (Alacante), ou Golosalvo e Madrigueras (Albacete) e tamén de varias comunidades autónomas como Aragón e Cataluña.
Por que se escolleu este día? Debémolo á morte o 23 de abril de 1616 dos escritores Miguel de Cervantes e William Shakespeare. Outras figuras literarias vinculadas a esta data polo seu nacemento son Maurice Druon, Haldor K. Laxness, Vladimir Nabokov, Manuel Mejía Vallejo, e pola súa morte están vencellados Josep Pla e William Wordsworth.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”
