O PP de Santiago denuncia a falta de política aeroportuaria do Goberno do BNG

A concelleira do PP María Baleato nunha rolda de prensa no Pazo de Raxoi

A concelleira do PP María Baleato nunha rolda de prensa no Pazo de Raxoi / CEDIDA

Redacción

A edil do PP María Baleato criticou na mañá do sábado a petición do Goberno local á Xunta e Aena para que se deseñe un Plan estratéxico aeroportuario. Para a edil trátase dunha “nova mensaxe baleira á veciñanza” e afirman dende a súa formación que “o BNG non ten política aeroportuaria”.

Critican que o Goberno bipartito non ten sobre a materia “obxectivos concretos nin unha liña de actuación coherente”, o que para eles é unha mostra máis “de incompetencia e incapacidade”. Baleato lembrou que no Pleno de febreiro a súa formación xa amosou a preocupación pola eliminación de 40.000 prazas na oferta deste verán, cando se pasará de 20 a 25 voos, entre eles os internacionais.

“Resulta sorprendente que digan agora que necesitamos incrementar as conexións internacionais, cando é o propio BNG o que as véen deixando marchar”, asegurou Baleato, que instou ao bipartito a defender “con convicción o noso aeroporto”.