Santiago celebra o Día dos Museos que este ano dedícase a educación e a investigación

Esta semana, os centros de Santiago e programan múltiples actividades para conmemorar a data

Icono Día Internacional dos Museos 2024

Icono Día Internacional dos Museos 2024 / Cedida

Antía Suárez

Con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos, a Xunta de Galicia programa este ano máis de medio de cento de actividades nos espazos museísticos que xestionan. Este ano, o Consello Internacional de Museos propuxo que se celebrara baixo o lema Museos pola educación e a investigación. Polo tanto, ao longo desta semana, gozarase dunha proposta variada como diversa na cidade compostelana, e o epicentro da programación desenvolverase os días da fin de semana, o 18 e 19 de maio.

O Museo das Peregrinacións propón unha programación que centra a maioría das súas actividades nos días de celebración e de balde. Ao longo da semana, o museo propón tanto unha experiencia de realidade virtual de inscrición previa e unha breve mostra audiovisual que poderán gozar todos os públicos no primeiro andar do museo e nas redes socias do mesmo. O propio día da celebración, o 18, haberá dous obradoiros: unha demostración de talla de madeira por Javier Sanz e outro de inscrición previa para público infantil de maquetación dun monumento escultórico propio e a reprodución a escala en barro dunha obra do artista. Por último, haberá un concerto do Coro infantil xuvenil Cantablie. O 19 celebrarán un obradoiro de bordado por Bea Lema para público familiar.

No Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), ademais dos concertos didácticos Otras músicas son posibles para adultos e escolares que se celebraron estes dous días, ofrece unha semana chea de actividades para todos os públicos. O mércores comezará cun tardeo no CGAC, na Aula de Educación Artística, onde haberá un taller para estimular o interese do público infantil na creación artística contemporánea e incentivar a aprendizaxe a través da experimentación coa arte. Máis tarde, ás 19:00 horas haberá un curso de fotografía Memorias de una imagen latente con Fuco Reyes. Xa no día dos museos e o 19, haberá dúas performances en diversos espazos da arquitectura de Álvaro Siza en colaboración co V Edición do Festival de Artes Performativas Plataforma. O domingo ás 12:00, o CGAC propón unha visita guiada O CGAC oculto unha posibilidade de descubrir os almacéns onde se custodian e conservan as obras de arte, os talleres de restauración e montaxe, etc.

FOTO FOLLETO DIM 2024

FOTO FOLLETO DIM 2024 / CGAC

No Museo Centro Gaiás haberá visitas especiais o 17 e o 18 de maio ás 16:00 horas, onde Miguel Ángel Cajigal, integrante do equipo didáctico da Cidade da Cultura, fará unhas visitas comentadas sobre a exposición Tesoros reales. Obras maestras del Terra Sancta Museum.

A Fundación Granell fará unhas xornadas de portas abertas do 14 ao 18, a presentación de Bold o 14 e unha visita cunha coa conservadora Otra manera de ver el museo o xoves 16 ás 12:00 e ás 18:00.

Así mesmo, o Museo da Catedral tamén fará unha xornada de portas abertas e ofertará acceso de balde á colección permanente do museo con visitas guiadas ás 11:30 e ás 16:30 horas e ao Museo da Colexiata do Sar con visita guiada ás 12:30.

Por último, o Museo Pedagóxico de Galiza (Mupega) presenta tres actividades para conmemorar a festividade: a ruta autónoma Educación sin límites, que se acercara a algunhas das iniciativas e innovacións que, ao longo da historia da educación en Galiza, permitiron ir transformando un modelo de escola tradicional cheo de exclusións noutro máis integrador. Esta ruta estará dende o 14 ata o 25 de maio. As outras dúas actividades precisan de inscrición previa, e son a visita guiada de Educación sen límites, o mércores 15, para público adulto e o espectáculo O eco das pedras por Raquel Queizás, o sábado 18, dirixido para un público máis familiar.

Moitas destas actividades precisan de inscrición previa, así que compre apuntar as que máis interesan para asegurar a asistencia e gozar desta mostra cultural