Festa a esgalla na carballeira da Festa do Banquete de Conxo coa celebración da romaría popular

Os brindes de veciñas e veciños acompañaron á foliada de música tradicional

A encargada do pregón de este ano foi María Luísa López Otero

El Correo Gallego

Un ano máis, o día grande da Festa do Banquete de Conxo foi todo un éxito de participación en Santiago. O Concello de Santiago convidaba onte a través de súa páxina web, a toda a cidadanía a asistir aos desfiles e representacións teatrais e a unirse á romaría popular traendo da casa a súa propia comida e bebida ou acudindo ás carpas das polbeiras que están instaladas na carballeira. Ademáis, animaron a todas as persoas que quiseran, a acudir o evento vestidas de época para a ocasión.

A partir das 11:00 h arrancou desde a praza do Toural o desfile teatral "Alá van estudantes e artesás" que percorreu as rúas compostelás ata chegar a Conxo. Dirixido por Os Quinquilláns, tamén participan as Brigadas Teatrais de Catoira, As Superactivas do CSC de Santa Marta, Teatro do Muíño (Laraño), Teatro do Solpor (Vite), Clube Mozo e veciñanza activa do CSC Aurelio Aguirre de Conxo, Teatro Mediogüevo, Asociación Aspas, Mercedes Espiño, Música de rúa Os farrapos, Coro A oliveira, Grupo de teatro da Casa da Muller do Couto. O acompañamento musical fíxoo Luís "O Caruncho".

Ás 12:45 h foi o pregón da Festa do Banquete, do que este ano se encargou María Luísa López Otero, autora da tese "Santa María de Marrozos no século XVI: labradores e arrendatarios" na praza de Conxo. Ao remate, sobre as 13:00 horas, continuou o desfile teatral "Baixamos ao bosque do Banquete" ata a Carballeira de Conxo para facer a recreación teatral do Banquete de 1856. A organización instalou tamén un Fotocol que está situado no Mosaico de Conxo entre as 14 e as 19 horas.

Banquete de Conxo 1856, representación teatral

Jesús Prieto

A partir das 15:00 h deu comezo o xantar e romaría popular, con brindes de veciñas e veciños na propia carballeira de Conxo, que dará paso ao Serán da Fraternidade, con foliada de música tradicional con Os Fondaos do Pífaro, Devagarinho de Villestro, Asociación de Música e Baile tradicional de Conxo, Grupo de cantos de taberna Contedores de Recandea, Muiñeiros do Sarela e Asociación Penamaior de Marrozos. A compañía Paporrubio tamén actúa co espectáculo "Transhumancia Sonora" da compañía Paporrubio que levará ao bosque do Banquete os seus animais cabezudos, acompañados de música e xogos.

Para rematar o evento, arredor das 19:30h houbo unha despedida da Festa do Banquete 2024 con discursos de Os Quinquilláns e pregón de peche a cargo da cineasta Jaione Camborda.