Un proxecto analiza os riscos do radon sobre a sociedade

Berta García Orosa / novos medios

Berta García Orosa / novos medios / REDACCIÓN

REDACCIÓN

Ata o 2024 a profesora Berta García Orosa, investigadora do Grupos Novos Medios da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, liderará o proxecto Radon en España: percepción da opinión pública, axenda mediática e comunicación do risco, financiado polo Consello de Seguridade Nuclear (CSN). O equipo investigador encargarase de analizar a percepción pública do radon en España para propoñer accións de comunicación dirixidas a diferentes sectores da sociedade, especialmente nas comunidades autónomas con maior incidencia como é o caso de Galicia (70 %), a comunidade con maior superficie afectada de España.

Trátase dun proxecto que ten un enfoque holístico e asemade é a proposta que quedou en primeira posición na convocatoria pública que realizou o CSN.

Dende 1998 a OMS cualifica o radon como un elemento canceríxeno cando se produce exposición a niveis altos en interiores e propón métodos para previr e reducir a súa concentración. “Aínda que nos últimos anos mellorou a concienciación por parte da cidadanía, segue sendo necesario un traballo más profundo, tal e como recolle a Directiva Europea 2013/59/Euratom”, sinalan dende Novos Medios.

O interese deste proxecto radica precisamente no desenvolvemento de accións de comunicación que permitan á sociedade coñecer os riscos da exposición ao radon. Así, por exemplo, “as redes sociais veñen considerándose dende hai un tempo espazos útiles para a difusión de información sanitaria porque axudan á detección e prevención de enfermidades e favorecen cambios de conducta e comportamento”, explican.