A enxeñeira Cristina Vázquez gaña o Premio Ada Byron pola aplicación da tecnoloxía á xestión de residuos

A actual CEO da empresa Teimas recollerá a distinción na gala da XVI Noite da Enxeñaría Informática en Galicia en Santiago

Cristina Vázquez iniciou o seu liderazgo en Teimas en febreiro do 2024

Cristina Vázquez iniciou o seu liderazgo en Teimas en febreiro do 2024 / Cedida

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) concedeulle o Premio Ada Byron á enxeñeira informática Cristina Vázquez polo seu liderado ao fronte de Teimas, empresa punteira galega na aplicación da tecnoloxía á xestión de residuos, co seu correspondente impacto na sustentabilidade, concienciación medioambiental e explotación de coñecementos de Galicia cara o mundo. Recollerá a distinción na XVI Noite da Enxeñaría Informática en Galicia que se celebrará en Santiago o vindeiro día 21 de xuño.

Cristina Vázquez Muiño (Santa Comba, 1986) é socia da empresa Teimas e CEO da compañía dende febreiro de 2024. Segundo asegurou a EL CORREO: “El premio fue una sorpresa. Estoy contenta y orgullosa, pero hay muchas personas que se lo hubiesen merecido, aunque soy consciente de que hay pocas chicas en esta profesión”.

Dende Teimas adícanse a aplicar a tecnoloxía á xestión de residuos con programas para empresas de reciclaxe de residuos e tamén dan servizos a grandes compañías que xeran moitos desfeitos: “Las empresas están presionadas por temas normativos –ya que Europa cada vez es más rígida con las normas de economía circular– pero también por su imagen. Muchos fondos están únicamente dirigidos hacia empresas que tienen en cuenta el cuidado del medioambiente”, explica.

Oficio ‘pouco feminino’

As asignaturas centradas nas ramas das ciencias son as que teñen menos presenza feminina por diferentes motivos. Ante esta problemática, Cristina Vázquez Muiño teno moi claro: “Muchas veces conocemos del sector lo que se ve en las pelis. Parece muy técnico y diría que hasta oscuro. Y es verdad que hay una parte muy técnica, pero también tiene un lado humano. Hacemos programas al servicio de la gente, para resolver problemas y esta labor no deja de ser algo profundamente humano. Es por este motivo que a todas esas chicas que pueden estar asustadas porque esto les parece demasiado técnico, me gustaría decirles que cualquier rama de la ingeniería está pensada para resolver problemas y que eso algo humano”.

Cristina Vázquez é un exemplo para aquelas nenas que están pensando en apostar polas carreiras STEM: “Mi consejo es que hagan lo que realmente quieran. Yo era una buena estudiante y mis padres y entorno me recomendaban que estudiara medicina, pero yo no me veía ejerciendo esa profesión”, confesa.

Segundo Cristina Vázquez, as disciplinas STEM ofrecen unha enorme gama de posibilidades para exercer e evolucionar ou cambiar durante a vida laboral. Baixo o paraugas de Ciencia, Tecnoloxía e Matemáticas, a enxeñeira explica que se reúnen moitas áreas imprescindibles para o mundo actual, pero tamén para deseñar e crear o mundo futuro: “Las disciplinas STEM pueden impulsar el progreso y el desarrollo en todas las áreas de la sociedad y ofrecen oportunidades profesionales en constante demanda. Si pienso en particular en la informática, creo que el colectivo de profesionales es muy abierto con una gran comunidad y numerosos grupos para compartir aprendizajes”.

Unha extensa carreira

Inicialmente estudou Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas e, a continuación, Enxeñaría Informática, ambas na UDC. “Siempre me fascinó crear cosas nuevas y encajar piezas para resolver problemas, desde un puzle hasta un Lego de construcción. Aunque no tuve mi primer ordenador ya bien entrada la adolescencia, el concepto de la creación de software, que por aquel entonces solo veía en las películas, me parecía fascinante”, asegura.

Cristina Vázquez comezou a súa carreira profesional nunha consultora tecnolóxica, pero desde 2011 traballa en Teimas, ubicada en Santiago de Compostela. Debido ao seu perfil técnico ocupou o cargo de directora de Operacións participando no deseño, creación e desenvolvemento de produtos software. “Estos 13 años me han servido de preparación para la etapa como CEO que ahora comienzo. Inicio esta fase con muchísima ilusión y tengo a mi lado a un gran equipo, con mucho conocimiento en sus respectivas áreas. El reto es grande y también el entusiasmo”, indica.

Premios Ada Byron

O premio Ada Byron do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia tivo a súa primeira edición no 2012 e está orientado a mulleres con titulación e traxectoria profesional en áreas tecnolóxicas, enxeñería e outros campos científicos relacionados coa tecnoloxía xa sexa como usuarias, como emprendedoras, como xeradoras de innovación, investigadoras e líderes do sector das novas tecnoloxías.

O Premio Ada Byron destaca por valorar o empoderamento das mulleres tecnólogas e o seu efecto positivo no desenvolvemento e crecemento sostible a nivel mundial tendo como obxectivo dar visibilidade ás mulleres dentro do mundo da tecnoloxía recoñecendo a súa labor.