Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A RAG homenaxea a Carvalho Calero xunto a súa casa en Santiago

A Mesa Pola Normalización Lingüística organizou a súa homenaxe fronte a estatua do polígrafo á beira da Alameda

    Cargando reproductor ...

As tradicionais marchas que decorrerían as cidades galegas e principalmente Santiago de Compostela neste 17 de maio, trocaron este ano por solemnes homenaxes dos que non puido participar a sociedade civil.

A Real Academia Galega organizou o seu na rúa Carreira do Conde –onde o homenaxeado Carvalho Calero viviu na cidade compostelá–. No acto, Margarita Ledo recitou o poema que o escritor ferrolán dedicou a Álvaro Cunqueiro, na que o autor describíase a si mesmo e a Cunqueiro como froito da liña temporal na que lles tocou vivir: “Ti e máis eu fomos, verdadeiramente, / fillos do noso século”.

Mentres que o presidente da academia galega Victor Freixanes lembrou a fidelidade de Carvalho Calero coa terra: “Lembramos a súa lealdade a Galicia, que se concreta nunha obra nalgúns momentos extraordinaria, moito máis se consideramos as circunstancias”, declamou o presidente. O Executivo galego estivo representado no acto polo Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e ata alí achegáronse outras autoridades como o presidente do Parlamento Galego, Miguel Santalices ou o alcalde compostelano Sánchez Bugallo.

A ofrenda rematou coa interpretación do Himno galego por parte da popular gaiteira Susana Seivane.

A escasos metros, organizou a plataforma Queremos Galego o seu acto, fronte a estatua de Carvalho Calero á beira da Alameda. Alí Marcos Maceda, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística defendeu que atacar hoxe ao galego é “atacar á cohesión social da nosa sociedade”. Desta ofrenda participaron –tamén– diferentes organizacións sociais e políticas como a CIG, o BNG –representado pola súa voceira Ana Pontón–, a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) ou a Associaçom Galega da Língua (AGAL).

17 may 2020 / 13:29
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.