Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Directorio de balde para firmas de Ames, Teo e Santiago que impulsen o galego

    A MAÍA O Concello de Ames vén de presentar a plataforma web #galegoempresas, un directorio gratuíto que ten como obxectivo ofrecer unha maior visibilidade entre a poboación ás empresas ou negocios da contorna que ofrezan produtos e/ou servizos en galego. Asistiron munícipes, así como do técnico da empresa Ágora Aberta, encargado da elaboración desta plataforma web, Óscar Maceira. Ao acto tamén acudiron os técnicos de Ames, Rosa Moreiras, técnica de Normalización Lingüística, e Jorge Couñago, de Promoción Económica. A web #galegoempresas ten como finalidade a posta en valor dos negocios da contorna de Compostela que utilizan, en maior ou menor medida, o galego durante o desempeño da súa actividade. Así, as empresas e negocios poden publicitarse de xeito gratuíto nesta plataforma, á que o público pode acceder para coñecer información destas empresas como a súa localización, horarios, descrición dos servizos e produtos que ofrece ou os datos de contacto. Esta iniciativa, que leva en funcionamento dende febreiro, foi posta en marcha polos concellos de Teo, Ames e Santiago.

    15 jun 2019 / 22:29
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito