Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Entroido en Ames cheo de música e premios o 4

    O Concello de Ames celebra o seu Entroido o vindeiro 4 de marzo, a partir das 17.00 horas, no aparcamento da Telleira (Bertamiráns). O prazo de inscrición para o concurso de disfraces estará aberto ata as 11.00 horas do propio día da Festa de Entroido. No concurso de disfraces repartiranse 3.800 euros nas categorías: infantil, adulto, por grupo ou en comparsa. Ademais, haberá dous premios especiais de 125€ aos mellores disfraces realizados con material de reciclaxe. O xurado valorará a creatividade, caracterización e orixinalidade dos disfraces. A música correrá a cargo do grupo musical Brassica Rapa, creado a finais de 2017, e mailo fundado en Ribeira en 2002, A Compañía do Ruído.

    22 feb 2019 / 22:55
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito