Finou o fotógrafo Luís Ballesteros a menos dun mes de cumprir 102 anos
O funeral é este xoves ás cinco da tarde en San Pedro de Vilanova, en Vedra
Acaba de falecer o fotógrafoLuís Ballesteros Martínez a menos dun mes de cumprir 102 anos. Naceu en Outeiro (San Pedro de Vilanova, Vedra) o 16 de agosto de 1916 e faleceu na mesma parroquia o 25 de xullo de 2018. Exerceu de fotógrafo durante varias décadas principalmente no Val do Ulla, retratando numerosas persoas, paisaxes e acontecementos da comarca. Unha selección das súas imaxes recóllense no libro Ballesteros, o fotógrafo da Asociación Raiceiros e no documental e a exposición que levan o mesmo título.O funeral é este xoves ás cinco da tarde en San Pedro de Vilanova, no concello de Vedra.
25 jul 2018 / 21:30
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito