Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Máis de cen actividades para o programa do Nadal amesán

Mañá acenderanse as luces festivas con música e chocolatada diante do concello, en Bertamiráns

    Continúa a programación de Nadal en Ames, onde programaron un cento de actividades ata xaneiro. O vindeiro acto será mañá, na casa do concello co acto de acendido das luces de Nadal ás 18.00 horas. Actuará a Escola Municipal de Música de Ames e haberá unha degustación gratuíta de chocolate con churros. Esa mesma xornada tamén haberá inchables de 12.00 a 14.00 horas e de 17.30 a 19.30 horas na praza da Madalena do Milladoiro.

    Xa o luns, 23 de decembro, chega Papá Noel ao Concello de Ames, e estará na praza de Manuel Murguía, para que a veciñanza amesá poida facerse unha foto con el. Posteriormente o venres 27 e o sábado 28 de decembro estará na mesma praza o carteiro rea, mentras que o domingo 5 de xaneiro, serán os propios Reis Magos quenes visiten o Concello.

    Ademais, o martes 31 de decembro celebraranse as Prebadaladas de Fin de Ano, na praza do Concello, con cotillón, degustación gratuíta de produtos, uvas de larpeirada e arandos e unha actuación musical. E todo sen esquecer os obradoiros que inclúen dende a decoración de candeas ata tarxetas de Nadal.

    05 dic 2019 / 21:21
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito