Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 23 mayo 2024
20:39
h

Melloran o acceso a Novo Milladoiro dende Coira

    AMES O alcalde de Ames, o concelleiro de Obras e a concelleira de Promoción Económica achegáronse ata O Milladoiro para ver como quedou, despois das obras de mellora da pavimentación, a estrada que vai dende Ventín-Coira ata o parque empresarial situado nesta localidade. A actuación beneficia tanto ao acceso rodado ao polígono desde eses núcleos como aos veciños da zona coa construción dunha senda peonil. Este viario ten unha lonxitude de 370 metros e anchura media de 5,5 metros. A súa capa de rodaxe atopábase degradada polo intenso tráfico que circula en dirección ao parque empresarial desta localidade, polo que realizouse unha mellora do pavimento con aglomerado de 6 centímetros en toda a calzada, correxíndose tamén un peralte.

    04 ene 2020 / 23:38
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito