El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

O veciño máis lonxevo de Frades vén de cumprir 101 anos

Ramiro López Cotón na festa que lle dedicaron para celebrar os seus 101 anos
Ramiro López Cotón na festa que lle dedicaron para celebrar os seus 101 anos

A. P.   | 04.10.2018 
A- A+

FRADES O pasado 29 de setembro, Ramiro López Cotón cumpriu 101 anos e celebrouno cos seus familiares na Festa do San Miguel. O alcalde de Frades, Roberto Rey, e o concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos Portos, achegáronse ata a carpa disposta pola familia para entregarlle unha placa conmemorativa polos 101 anos, xa que Ramiro é o veciño máis lonxevo do municipio e goza de boa saúde.