El Correo Gallego

Noticia 94 de 115 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

O alcalde e a concelleira de Formación e Emprego de Valga clausuraron un curso de gravación e tratramento de datos

Foi solicitado polo Concello á Consellería de Economía e Emprego dentro do Plan AFD // Os contidos teóricos completáronse con módulos de inserción laboral e igualdade e prácticas

CONCELLO DE VALGA  | 09.03.2019 
A- A+

O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Formación e Emprego, Carmen Gómez, asistiron á clausura do curso de Operacións de gravación e tratramento de datos e documentos, que se impartiu dende novembro nas dependencias do CODI, en Baño, e que tivo unha duración total de 458 horas.

Os once alumnos participantes recibiron do rexedor as certificacións que acreditan que participaron na acción formativa. Tratouse dun curso con certificado de profesionalidade do Plan AFD (Accións Formativas para Desempregados) que foi solicitado polo Concello á Consellería de Economía e Emprego. Os participantes percibiron unha bolsa de desprazamento, outra de conciliación para aqueles alumnos con fillos menores de 6 anos e estableceuse unha terceira bolsa para persoas con discapacidade.

Os contidos teóricos do curso incluíron os seguintes módulos: Gravación de datos, Procesadores de textos e presentacións de información, Tramento básico de datos e follas de datos, Transmisión de información por medios convencionais e informáticos, Xestión auxiliar de arquivo en soporte convencional ou informático e Xestión auxiliar de reproducción en soporte convencional ou informático. A estes engadíronselle senllos módulos de inserción laboral e igualdade, así como prácticas.