O Instituto do Milladoiro traballa na integración con 30 doces do mundo

Instalaciones del Instituto do Milladoiro.

Instalaciones del Instituto do Milladoiro. / PA

O Instituto do Milladoiro organizou este ano unha nova iniciativa relacionada co Entroido e coa multiculturalidade de parte do alumnado matriculado . E alí reuniron ata 30 doces feitos con receitas típicas de países moi diversos, co obxectivo é tentar mellorar a convivencia positiva no centro e recoller, ao mesmo tempo, un aproveitamento didáctico da propia experiencia educativa.

O Concello de Ames colaborou nesta iniciativa a través do técnico de mediación intercultural da concellaría de Benestar Social, Leonardo Pena. E tamén a edil do mesmo departamento, Luísa Feijóo, achegouse xunto ca traballadora social, Soraya Añón, e maila técnica de Promoción da Saúde, Rosana Martínez. Alí conversaron con parte do profesorado entre eles Manolo Maseda, principal responsable desta iniciativa.

Cómpre destacar que neste instituto conviven arredor de 600 persoas con multitude de nacionalidades, de lugares tan diversos como: Angola, Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, China, Colombia, Ecuador, E.E.U.U., Escocia, Francia, Italia, Marrocos, México, Panamá, Perú, Portugal, República Dominicana, Suíza, Uruguai, ou Venezuela, entre outros. Houbo ende arepas ata escones de Escocia, pastafrola Arxentina, brigadeiros do Brasil ou paracuca de Angola,