Nova plataforma contra o vertido dende San Finx ata a Ría de Noia

Manifestacion contra los vertidos en Noia

Manifestacion contra los vertidos en Noia / Marcos Manteiga Outeiro

A Confraría de Noia anuncia a inmediata constitución dunha plataforma comarcal de afectados pola explotación mina San Finx. Deste xeito, rexeitan a autorización recibida por esa empresa para o vertido “de augas residuais contaminadas e a posterior explotación do complexo”. Pola súa banda, o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, sinalou no Parlamento que a autorización de Augas dese vertido se axusta escrupulosamente ao establecido na normativa vixente de aplicación e que a súa tramitación se desenvolveu con todas as garantías para os implicados.

Segundo o pósito, “a sociedade está indignada e defenderá os seus intereses ata as últimas consecuencias, para o que se constitúe a plataforma de afectados, á que se poderán adherir todo tipo de colectivos, entidade, asociacións, empresas, clubes, partidos políticos… que entendan podan ser afectados directa ou indirectamente”.

Tamén animan a sociedade en xeral “a formar parte da plataforma, co fin de reivindicar, o noso medio de vida, o medio ambiente, o noso comercio, a nosa saúde, a nosa cultura”, e piden a Xunta que rectifique. Os interesados poderán enviar solicitudes de adhesión ao email cofradia@cofradianoia.org.

TEMAS