Díaz vai repetir despois de poñer como terceira forza ao PSOE dubrés

Diego Luís Día candidato a la alcaldía

Diego Luís Día candidato a la alcaldía / ECG

Diego Luís Díaz vaise presentar como candidato do PSdeG-PSOE de Val do Dubra á alcaldía nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio. Será nun acto este xoves, 23 de marzo, no auditorio de Bembibre a partir das 20.30 horas, e nun acto aberto á veciñanza. Diego Luís Díaz subliñará as liñas do seu programa co obxectivo “de poñer este Concello en marcha”. “É o momento de ofrecer un proxecto serio afastado de intereses particulares e que leve dunha vez por todas ao Val do Dubra ao século XXI”, destaca. Díaz, secretario xeral do PSdeG-PSOE de Val do Dubra, concorre por segunda vez ás eleccións municipais, e nos pasados comicios logrou recuperar a representación socialista no pleno catro anos despois ao acadar dous concelleiros e posicionarse como terceira forza política. Agora aspira a vencer a un tripartito co PP á cabeza.