A Aula da Natureza amesá prepara un curso de horta sostible e saídas

O sábado 20 realizarase un paseo botánico polas fragas de Agrón

Imaxe  dunha visita ao museo da Casa do Patrón / casa do patrón

Imaxe dunha visita ao museo da Casa do Patrón / casa do patrón / M. M.

A Aula da Natureza de Ames prepara actividades para o presente mes, que inclúen apartado formativo e tamén de ocio. Nese sentido, programouse un curso de horta sostible, que se desenvolverá os días 15, 22 e 29 de abril e tamén o 6 e 13 de maio, de 11.00 a 13.30 horas, no viveiro municipal de Barouta. Ademais, os participantes contarán con servizo de autobús (sairá ás 10.30 horas da casa da cultura do Milladoiro e ás 10.45 horas do Pazo da Peregrina). Por outra banda, o sábado 15 de abril terá lugar unha saída ao Concello de Lalín, cunha ruta de oito quilómetros ao Castro de Doade e visita á Casa do Patrón (2 euros). Haberá buses con saídas dos mesmos lugares e horas. E xa o sábado 20 realizarase un paseo botánico polas fragas de Agrón, onde os excursionistas poderán observar carballos, loureiros, freixos, amieiros ou pereiras bravas (tamén con servizo de autobús). Os interesados en participar nestas actividades deben remitir a ficha da web municipal ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.