A rapazada da Mancomunidade de Ordes aposta polo cooperativismo

A conselleira Lorenzana, segunda esquerda, e García, terceira / xunta

A conselleira Lorenzana, segunda esquerda, e García, terceira / xunta / M.M.

A casa da cultura ordense acolleu a xornada Mostramos as nosas cooperativas, acto de encontro do programa educativo Creamos a nosa cooperativa impulsado pola Mancomunidade de Ordes e financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta a través da Rede Eusumo de fomento do cooperativismo e a economía social. Máis de cincuenta persoas, entre alumnado e profesorado, participou nesta experiencia que se levou a cabo nos centros IES Maruxa Mallo, IES Nº 1 Ordes, IES Oroso, CPI Xanceda e CPI de Viaño Pequeno. Na primeira parte de xornada, o alumnado dos diferentes centros presentaron os seus proxectos cooperativos, desenvolvidos por grupos durante as sesións do programa. O evento contou coa conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, da presidenta da Mancomunidade de Ordes, Susana García. A titular autonómica de Emprego calificou de “magnífica” a educación que se está a prestar en Galicia, e García gabou os proxectos destes rapaces.