Padrón pecha con ofrenda, música e fogos unha multitudinaria Pascua

A Irmandade de Fillos e Amigos celebrou a súa 46 Xuntanza Anual e entregou as insignias de ouro e placas conmemorativas // Os actros incluiron as homenaxesas estatuas de Rosalía e Cela // A orquestra Olimpus pon o broche as verbenas

Padrón pechou este fin de semana as súas festas de Pascua, ás que este ano volveron asistir milleiros de persoas, dándolle protagonistas ás agrupacións folclóricas locais, ao certame de bandas de música e á Irmandade de Fillos e Amigos de Padrón, que celebrou no Domingo de Pascuilla a xuntanza anual. Os fogos artificiais foron unha das principais atraccións do sábado.

O alcalde, Antonio Fernández Angueira, presidiu a recepción oficial que o Concello lle fixo a Irmandade e ás persoas homenaxeadas nesta 46 edición. Previamente, representantes da Corporación, acompañados pola Banda Municipal, trasladáronse ata a praza dos Fillos e Amigos de Padrón para saudar á directiva da entidade e os premiados polo seu compromiso coa vila. Tras a foto de familia, celebráronse as tradicionais ofrendas florais. Nesta ocasión, o alcalde e o presidente da Irmandade, Arturo Reboyras, depositaron a coroa de loureiro diante da estatúa de Rosalía, mentres que as dúas homenaxeadas, Cruz Taboada e Anabel Rivas, fixeron o mesmo na estatua de Camilo José Cela.

Nesta edición, a Irmandade entregoulle a insignia de ouro ao padre Francisco Honrubia Bonnin, superior do convento de Herbón; a Anabel Rivas Barros, profesora de Latín e Grego no IES de Rianxo e un referente na loita contra o cancro; a Cruz Taboada Álvarez, animadora sociocultural do Concello con 30 anos de experiencia; a Cesáreo González Pardal, presidente do Cluster de Turismo de Galicia, e a Manuel Garrido Rivero, historiador especializado no Camiño de Santiago. A placa conmemorativa foi para Óscar e Manolo Vidal, responsables do restaurante O Pazo Asador, que recibiu este ano a primeira Estrela Michelín.

Na mañana de hoxe domingo, último día das festas de Pascua, declaradas de Interese Turístico de Galicia, os grupos folclóricos locais foron os protagonistas, coa actuación na praza de Macías de Arreixeira e o Pedrón, que tamén acompañou aos xigantes e cabezudos no seu pasarrúas polo casco histórico de Padrón. Protagonismo que pola tarde recolleron as bandas de música de Ribadumia, a de Arca e a Municipal de Padrón, que participan no décimo terceiro Certamen de Bandas Capital do Sar. As 21.30 horas, a orquestra Olympus amenizará a última verbena das festas.

Padrón pecha unha multitudinaria Pascua

Padrón pecha unha multitudinaria Pascua / Concello de Padrón

En canto o sábado de Pascuilla os protagonistas da xornada foron os fogos artificiais que, nesta ocasión, Pirotecnia López lanzou dende a zona do convento do Carme e que congregaron a numeroso público no paseo do Espolón. Un espectáculo que moitos aplaudiron polo colorido e vistosidade.

Os fogos lanzáronse entre os dous concertos que ofreceron os Gin Toni’s, coas súas versións de temas dos anos oitenta, e Los Coleguitas de Venezuela coa súa música latina.

Padrón pecha unha multitudinaria Pascua

Padrón pecha unha multitudinaria Pascua / Concello de Padrón

O espectáculo de doma e danzas a cabalo Duende Ecuestre tamén xuntou pola tarde numerosas persoas que gozaron coas piruetas dos cabalos, ao tempo que colaboraban coa Asociación Española de ELA (esclerose lateral amiotrófica). A 60 edición da Clásica de Pascua de ciclismo que se celebrou na tarde do sábado xuntou tamén a centos de afeccionados en Padrón, que volveron ver como o Club Ciclista Padronés Cortizo levaba os primeiros premios.