Galicia Calidade presentou en Fisterra a nova sinalización
O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, acompañado da xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, do vicepresidente do Clúster de Turismo, Jesús Picallo, e de representantes de Tejas Verea, presentou no Hotel Bela Fisterra a nova sinalización, realizada con tellas cerámicas galegas de vangarda, coas que se identifica fisicamente as empresas adheridas a Galicia Calidade e que quere ser un símbolo da aposta decidida da marca de garantía pola sustentabilidade.
Os novas sinais, que xa se mostran nas fachadas das máis de 150 empresas que contan co certificado de Galicia Calidade, son elementos naturais e sustentables, froito da combinación de arxilas galegas de proximidade e elementos naturais como a auga e o lume, e fabricadas baixo criterios de economía circular.
No acto fíxose entrega do distintivo ao xerente do Bela Fisterra, Pepe Formoso, establecemento que ten dúas acreditacións de Galicia Calidade, unha polo proxecto e outra pola súa instalación de xeotermia.
Temas
Más en Área
-
Devuelven unos 4.000 euros que escupió un cajero automático en Lalín tras ingresarlos un vecino
-
O día 3 será o xuízo pola multa a un rianxeiro que esixiu ser atendido en galego no centro médico
-
María Rivas supervisa varias actuaciones de Costas del Estado en Boiro
-
La demolición del dique de Neixón permitirá recircular las corrientes en la ensenada de Taragoña