Chamamento para atopar a un home que foi testemuña dun delito o 27 en Bertamiráns

O varón, aseguran os axentes, paseaba un pastor alemán ou un can de raza similar pola avenida da Maía arredor das 22.30 horas

Tramo de Bertamiráns á altura do número 108 da súa avenida / gm

Tramo de Bertamiráns á altura do número 108 da súa avenida / gm / M. Manteiga

A Garda Civil vén de solicitar ao Concello de Ames que divulgue un chamamento á colaboración cidadá para localizar e poñerse en contacto cun home presente o pasado xoves 27 de abril na capital municipal, Bertamiráns. Segundo trascendeu, esta persoa tería sido testigo dun delito, sen que trascenderan máis datos sobre o seu alcance ou gravidade.

ℹ️ O varón, aseguran os axentes, paseaba un pastor alemán ou un can de raza similar pola avenida da Maía arredor das 22.30 horas, á altura do edificio 108 e en dirección Santiago. “Se cumpre a descrición e cre poder ser esta persoa, pode poñerse en contacto co posto da Garda Civil no Milladoiro, chamando ao teléfono 981 53 64 05. ‼️ Agradécese a difusión e a colaboración da veciñanza”, apuntan as mesmas fontes a este xornal.

Ao parecer, as forzas da orde non teñen máis datos identificativos desta persoa que os da súa presenza cunha mascota paseando pola travesía central das localidade, motivo polo que veñen de solicitar a administración local amesá axuda para divulgar a busca a través das súas redes sociais.