Promocionan a Ruta da Sidra estradense como referente no noroeste con formación e visitas

Visitantes a pé dun dos cultivos de mazá estradense / deputación

Visitantes a pé dun dos cultivos de mazá estradense / deputación / M. Manteiga

A Deputación de Pontevedra e a Asociación Maceira e Sidra da Estrada asinaron un convenio de colaboración polo que a institución provincial achegará 15.000 euros para a realización de actividades referentes á promoción como atractivo turístico da Ruta da Sidra local.

As accións enmarcadas no acordo permitirán posicionar a zona como referente neste tipo de turismo no noroeste e, ademais, coñecer de primeira man outras entidades similares para aprender das súas experiencias e aplicar o coñecemento adquirido na mellora do itinerario.

O convenio inclúe unha promoción en liña da Ruta da Sidra. Deste xeito, a Deputación pontevedresa colaborará na difusión das actividades da ruta no sitio web www.rutadasidraaestrada.es e nas súas redes sociais, así como en medios. E tamén fará unha xornada técnica para formar guías, o 2 de xuño, sobre sidra e turismo no lagar A Rabiosa. A Asociación Maceira e Sidra da Estrada realizará entre os días 6 e 9 de xullo unha visita á Ruta da Sidra de Cornualles, na Bretaña francesa.