Proxección da película ‘Concepción Arenal, a visitadora de cárceres’ o 3

Trátase dunha TV Movie sobre a faceta como visitadora de cárceres de mulleres de Concepción Arenal

Un fotograma do filme ‘A visitadora de cárceres’ que proxectan o 3 / TVE

Un fotograma do filme ‘A visitadora de cárceres’ que proxectan o 3 / TVE / M. Manteiga

Cine con nome de muller é unha iniciativa organizada polo Concello de Ames que conta coa colaboración de Zenit TV e Minervas Voice, e que pretende poñer en valor a vida dalgunhas mulleres galegas que foron pioneiras en distintos ámbitos nos dous últimos séculos. A programación prosegue este mércores, 3 de maio, coa proxección de Concepción Arenal, a visitadora de cárceres, ás 20.30 horas na casa da cultura de Bertamiráns (entradas a venda na billeteira municipal). Trátase dunha TV Movie sobre a faceta como visitadora de cárceres de mulleres de Concepción Arenal, un filme que recolle tamén a súa loita por cambiar a mala imaxe que había sobre os delincuentes e o que deberían ser os cárceres modernos. Hai que lembrar que no século XIX, nun contexto en que as execucións son un fenómeno de masas, onde a xente repudia o estamento penitenciario e os presos carecen de dereitos, Concepción Arenal é nomeada visitadora de cárceres de mulleres, comezando a súa difícil loita pola cadea da cidade da Coruña.

TEMAS