Cume en Boiro dos alcaldables do PSOE en Barbanza e Muros-Noia
O PSdeG-PSOE presentou na casa da cultura de Boiro as súas candidaturas para as vindeiras eleccións municipais no Barbanza. O acto contou coa presencia do secretario xeral do PSdeG provincial, Bernardo Fernández Piñeiro, ademais da dos candidatos e candidatas socialistas ás alcaldías da zona do Barbanza. No acto, ademais do alcalde de Boiro e candidato á reelección, José Ramón Romero, participaron os e as alcaldables de dita formación en Lousame, Ana Domínguez; Muros, Caridad González Cerviño; Noia, Francisco Pérez Caamaño; A Pobra, Patricia Lojo Nine; Outes, José Antonio Caamaño Lestón; Porto do Son, Jorge Romero Pérez; Rianxo, Óscar Rial Lago; e Ribeira, Francisco Suárez-Puerta. Bernardo Fernández presentou “aos candidatos e candidatas do Partido Socialista, que van facer que esta organización sexa a primeira forza política nas vindeiras eleccións municipais” co obxectivo de conquerir “máis alcaldías para ser a mellor garantía de futuro e de progreso para todos os veciños”, engadiu.
Temas
Más en Área
-
Investigan a tres vecinos de Santiago por un hurto y un robo con violencia en una empresa de Valga
-
La orquesta Olympus actuará mañana en el Code Fest de Boqueixón
-
La Asociación de Mujeres Rurales de Val do Dubra reúne a 200 socias en su fiesta anual
-
A Estrada pon en valor os produtos agroalimentarios locais na segunda feira multisectorial de San Xorxe