Continúa a experiencia de inmersión lingüística Modo galego, actívao! en Ames

Un dos espectáculos desenvolvidos nos centros

Un dos espectáculos desenvolvidos nos centros / concello de ames

Redacción

O proxecto Modo galego, actívao!, unha experiencia de inmersión lingüística en que participan preto de 3.000 alumnos amesáns dos centros educativos de Infantil e Primaria, continúa coa realización de cinco actuacións nas escolas de Agro do Muíño, A Igrexa, Barouta, Covas, O Milladoiro, Ventín e A Maía. Os principais obxectivos son a promoción e apoio do uso do galego na socialización da infancia, así como a asociación da lingua galega a actividades de lecer. A experiencia de compromiso lingüístico está organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello e a Real Academia Galega.