Prado pide en Caldas o “voto útil” e define o proxecto de Pérez como “serio e solvente”

Prado falando co candidato Francisco Pérez por Caldas /PPdG

Prado falando co candidato Francisco Pérez por Caldas /PPdG / redacción

Redacción

A secretaria xeral do PPdeG desprazouse este luns a Caldas de Reis para apoiar ao candidato Fernando Pérez e ao seu equipo “que teñen un proxecto serio e solvente, de responsabilidade e de unidade, para poñer ao concello no mapa e recuperar a súa actividade económica”

Prado aproveitou a súa intervención ante os medios para pedirlle aos partidos de esquerdas “que non nos amolen máis aos galegos e galegas coas súas políticas ou coas súas decisións”.

A responsable dos populares pediu á xente “o voto útil para o PP, que encarna a unidade, afastada deses partidos que gobernan en tripartitos ou bipartitos, con liortas constantes e que gobernan concellos nos que non son ni capaces de aprobar os orzamentos”

“Un atraso na aprobación das contas municipais, como ocorre en Caldas, que xera retroceso na actividade económica e na vida dos veciños e veciñas das vilas e concellos”, sinalou a secretaria xeral. Prado rematou falando do “proxecto ilusionante de Fernando Pérez e que representa a única alternativa para un goberno estable que sitúe a Caldas no século XXI”.

Pola súa banda, o deputado e candidato á alcaldía, Fernando Pérez, destacou que o seu equipo “está composto de xente moi preparada, cualificada e con moitas ganas de traballar pola nosa vila” fronte a “un goberno dividido, cun proxecto esgotado, cun candidato xa en fase de retirada e carente de ideas para avanzar”, argumentou.