Noia adxudicou o Servizo de Axuda no Fogar, e Rianxo licitou a reforma do Pazo do Martelo
A corporación de Rianxo aprobou no último pleno o proxecto definitivo, a licitación e a solicitude dun crédito para a rehabilitación do Pazo do Martelo

O Servizo de Axuda no Fogar presta servizos sociais de atención primaria complementario e transitorio
A Corporación municipal de Noia aprobou por unanimidade a adxudicación do Servizo de Axuda no Fogar á empresa Son a túa axuda S.L. polo prezo de 20,7 euros por hora ordinaria e 22,29 euros por hora extraordiaria. O alcalde, Santiago Freire, dixo que “procederemos a publicar o correspondente anuncio da adxudicación no perfil do contratante e trataremos de formalizar o contrato o máis pronto posible”. En todo caso, a formalización terá lugar despois da publicación no BOP do acordo por un prazo de 15 días hábiles.
O orzamento é de 1.552.489 € e o prazo de execución é dun ano, prorrogable por un segundo ano.
Pola súa banda, a Corporación de Rianxo aprobou tamén no último pleno da lexislatura o proxecto definitivo, a licitación e a solicitude dun crédito a longo prazo para a rehabilitación do Pazo do Martelo, orzamentada en case 2 millóns de euros e para a que o Concello recibirá 978.709 € do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana.
- La construcción del Ensanche Norte para 3.609 viviendas obliga a expropiar 90.000 metros cuadrados de fincas en la otra punta de Santiago
- Llegan las fiestas 'más picheleiras': este es el programa completo de la Ascensión 2026
- Ni un solo ladrillo: así es la espectacular Casa Caracola a una hora de Santiago que desafía la arquitectura
- Treinta camiones al día, 63.500 t de residuos y 50.947 m3 de aguas industriales: los peros a la planta de biogás de A Laracha, en cifras
- Santiago arrasa en los Premios 'Próximos' de Arquitectura: estas son todas las obras distinguidas
- Héctor Galán y la plantilla ACB del Obradoiro: “Quintela, Barcello y Barrueta tienen contrato para el año”
- Los libros más difíciles de encontrar toman la Alameda de Santiago
- El inesperado detalle del nuevo mural de Touro que desconcierta en redes