Ribeira asinou o convenio para o ciclo de FP dual de restauración

Una mujer emprendedora, en su propio negocio de restauración.

Una mujer emprendedora, en su propio negocio de restauración. / Ferran Nadeu

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, vén de asinar o convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e o Concello para a implantación do ciclo formativo de Formación Profesional Básica de Cociña e Restauración na modalidade dual, coordinado dende o CIFP Coroso, nas instalacións do mercado municipal. O primeiro curso do ciclo (2023-2024) impartirase na aula-taller de Cociña sita no segundo andar do mercado, e o segundo curso (2024-2025) nun taller de restaurante e cafetería que se implantará no primeiro andar do edificio.

O Concello asume o compromiso de poñer a disposición da Consellería as instalacións referidas, así como de acondicionar os espazos e prover o equipamento necesario. Neste sentido, realizará unha serie de intervencións, como o cubrimento da tarima de madeira existente cunha lámina ignífuga e antiescorregadiza de material tipo caucho ou PVC, moble de barra e moble traseiro cafeteiro, botelleiro, equipamento de mantelería e panos de restaurante, equipamento de facturación (TPV táctil con sistema de pedidos electrónicos portátiles), moblaxe, cubertería, louza, cristalería, enxoval e roupa de restaurante, e outros elementos, todo elo con referencia para 30 comensais.