Anxo Carracedo, un doutor con TDAH no Milladoiro

Anxo Carracedo Álvarez, de pé durante a ponencia ‘O reto do TDAH’ que levou ata o Instituto do Milladoiro para a súa comunidade educativa / ies do milladoiro
O Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) é un dos máis frecuentes no neurodesenvolvemento dos nenos, e adoita causarlles problemas de exceso de actividade; á hora de prestar atención ou ben controlar condutas impulsivas. Pero por sorte, pódese controlar eficazmente, e mesmo mellora a sintomatoloxía co paso do tempo. Pois ben, os responsabeis do IES do Milladoiro quixeron divulgar esta doenza cunha das autoridades mundiais na matería: o doutor Anxo Carracedo quen, baixo o título de O reto do TDAH, trasladou os últimos avances e factores tanto positivos coma negativos que caracterizan este déficit.
Deste xeito, o “eminentísimo doutor Carracedo, especialista en TDAH e presidente da fundación Ingada (o Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados), cativou os presentes co seu discurso sobre a posta en valor, recoñecemento e importancia do axeitado tratamento”, trasladaba Sonia Magariños dende a subdirección deste centro de Secundaria.
Carracedo comezou cunhas nocións básicas de xenética, considerando a diversidade “como elemento valioso, necesario e consubstancial coa propia existencia que, cando xera sufrimento propio ou ao entorno máis próximo, pasa a situarse no campo do trastorno”. Este é o caso desta alteración neurobiolóxica que pode orixinar problemas, especialmente dentro dos sistema educativo convencional, onde a competitividade, a aprendizaxe memorística ou a rixidez supoñen un obstáculo para este alumnado. Pero hai máis. porque este eminente facultativo foi diagnosticado con TDAH, e logrou situar a súa experiencia de vida “como un exemplo de superación deste obstáculo na que xogou un papel decisivo o apoio da súa familia que premiou o esforzo, en detrimento do valor numérico das cualificacións”.
Pero o doutor confirma que este trastorno tamén leva aparellado aspectos positivos, como a creatividade ou o dinamismo, aínda que “pode ocasionar importantes complicacións, especialmente as derivadas da impulsividade que deben ser tratadas”, recoñeceu. E a medicación pode ser, neste sentido unha axuda para mellorar a calidade de vida.
Determinante
Segundo o testemuño prestado diante da comunidade educativa da meirande urbe amesá, inflúe a xenética, “pero é determinante o ambiente e este último que explica a maior prevalencia deste trastorno nuns ámbitos xeográficos fronte a outros”, segundo aportaba na súa ponencia. Neste punto, o científico destacou a importancia de adaptar o sistema educativo e impulsar o seu cambio, apostando pola aprendizaxe significativa e os valores fronte ás actuais esixencias memorísticas e de contidos poñendo o acento en potenciar as habilidades persoais.
E como bo TDAH, “Carracedo non parou de moverse interactuando, respondendo a preguntas e entaboando un dialogo espontáneo e cheo de emoción cos asistentes”, segundo constataban dende a organización. “A todos nos deixou abraiados co seu vitalismo e xenerosidade. Agradecemos que fora quen de facer un oco na súa axenda para compartir connosco o seu coñecemento e experiencia vital”, rematan.
Para contactar co Ingada pódese chamar ao 722 521 381 ou escribir un email (info@fundacioningada.net).
- El pueblo medieval de Galicia que se convierte en la capital del arte: 25 espectáculos desde el viernes para reír, emocionarse y vibrar
- Una conductora se precipita con su coche desde el periférico al polígono de Costa Vella mientras escapa de la Guardia Civil en Santiago
- Cierra una de las cafeterías más queridas de Bertamiráns: 'Nunca pensamos que chegaría este día
- Muere Alfonso Tourís Nogueira, el enfermero y sindicalista que dirigió más de dos años el PSOE de Santiago
- De una punta a otra de España en tiempo récord: tres radares de Tráfico cazan al mismo conductor en Galicia, Zamora y Jaén más de 200 kilómetros por hora
- Susto por un incendio en el límite de Brión, Ames y Teo que se acercó a una aldea: 'Estuvo a unos 300 metros de las casas
- Air Nostrum recupera este verano una de las conexiones más singulares para Santiago
- Alquilar junto al mar en Galicia: de los 622 euros de Narón a los 1.352 de Sanxenxo