Carballo aposta polo talento galego de Xoel López e Carlangas para amenizar un San Xoán que terá unha cachela de deseño
Actuarán nos días grandes desta festividade, xunto a algunhas das mellores orquestras do momento

Maruxa Suárez, Evencio Ferrero, no centro, e Sergio Varela presentaron a programación / c. c.
A posta en valor das tradicións, a aposta polo talento musical galego, a presenza das mellores orquestras da península e un amplo programa cultural serán os principais ingredentes do San Xoán 2023 de Carballo, que vivirá a súa semana grande do 21 ao 26 de xuño. No plano musical, a comisión de festas, que preside Sergio Varela, e da que forma parte tamén a concelleira de Festas, Maruxa Suárez, aposta polo talento galego. Así, os días grandes de San Xoán serán amenizados coa música de dous artistas de proxección internacional: Xoel López e Carlangas, que compartirán a Praza do Concello con algunhas das mellores orquestras do momento: París de Noia, Grupo Bomba, Última Legión e Funçao Publika. Bandas de música, charangas, corais, disco móbil, gaiteiros, grupos infantís e pinchadiscos axudarán a manter a animación musical da mañá a noite nas rúas da capital carballesa.
Unha das grandes citas, como vén sendo costume, terá lugar o 23 de xuño, coincidindo coa noite meiga, que este ano será moi especial xa que está programada unha gran sardiñada e churrascada popular, que será iluminada por unha cachela que fará historia, deseñada e construída por Maximino Pazos, gañador das últimas edicións do concurso de cachelas. Non faltarán tampouco a música e o conxuro da queimada.
Os máis pequenos desfrutarán do Día do Neno nas Atraccións e dunha xornada de actividades con Apego para gozar en familia os días 26 e 27.
A encargada de dar o pistoletazo de saída ao San Xoán 2023 será Gema Pazo Bello, profesora xubiliada e activista deportiva, social e cultural, e ante todo “unha carballesa 100%”, que exercerá de pregoira o martes día 20, a partir das 21.00 horas na Praza do Concello. O alcalde, Evencio Ferrero, lembrou que foi a impulsora e presidenta da Asociación Deportiva Xiria, que cumpre 40 anos, ademais de ser “unha persoa que contribuíu á formación de moitas xeracións de carballeses”.
Ferrero subliñou na presentación da programación que “o San Xoán define o comezo e o fin dun ciclo anual. Estas son unhas datas moi entrañables porque son unhas festas para todas as idades, e Carballo volverá a ser un lugar de encontro”.
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- Londres dice que el dron que alcanzó la base británica en Chipre no fue lanzado desde Irán
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- El alcalde de Valga celebra la victoria judicial contra Audasa que permitirá cobrar el IBI de la autopista a otros concellos afectados
- Irán anuncia un ataque con drones contra el portaaeronaves 'Abraham Lincoln'
- Nueva agresión en la plaza del Toural de Santiago: un hombre rompe una botella en la cabeza a otro varón
- Sellan un boleto de la Bonoloto galardonado con 193.000 euros en la papelería Boo de Milladoiro