Alumnado do IES do Milladoiro gaña por segunda vez consecutiva a final do Club de Debate
O equipo ‘Xente que fala’, formado por alumnado do IES do Milladoiro, alzouse esta finde semana, por segunda vez consecutiva, coa final do Club de Debate Alingua, celebrada nesta edición na Casa da Cultura de Bertamiráns (Ames). En total, ao longo da competición, participaron 140 estudantes de nove concellos de toda Galicia: Ames, Teo, Carballo, Santa Comba, Val do Dubra, Santiago de Compostela, Ferrol, Pontevedra, Dodro e Rois.
A final, na que o instituto amesán logrou 324 puntos defendendo e argumentando posicións, xirou en torno á pregunta ‘A mocidade renuncia ao galego?’. Para formular as puntuacións, o xurado valorou a calidade e a orixinalidade dos argumentos, a seguridade, a capacidade de oratoria e de improvisación, o traballo en equipo ou a calidade lingüística.
Nesta última fase, na que participaron seis equipos, o concello de Ames contou ademais con representación por partida dobre, posto que tamén participou o IES de Ames, cun equipo que elexiu como nome ‘Ames a palabra’, que quedou terceiro.
Temas
Más en Área
-
La orquesta Olympus actuará mañana en el Code Fest de Boqueixón
-
La Asociación de Mujeres Rurales de Val do Dubra reúne a 200 socias en su fiesta anual
-
A Estrada pon en valor os produtos agroalimentarios locais na segunda feira multisectorial de San Xorxe
-
Sofía Shizuko y Waydn unen su talento en un nuevo single titulado ‘como yo te quiero’