Máis de vinte millóns de toneladas de residuos plásticos acaban cada ano nas lagoas, os ríos e os mares

O Clúster de Solucións Ambientais e Economía Circular avaliou en Corrubedo posibles iniciativas para frear esta contaminación

Ángeles Vázquez, segunda por la derecha, con los asistentes al acto celebrado en Corrubedo / Xunta de galicia

Ángeles Vázquez, segunda por la derecha, con los asistentes al acto celebrado en Corrubedo / Xunta de galicia / J. M. RAMOS

O Parque Natural de Corrubedo acolleu unha xornada conmemorativa do cincuenta aniversario do Día Mundial do Medio Ambiente, promovida polo Clúster de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec) e enmarcada na Semana por unha Galicia Sostible, organizada pola Xunta de Galicia. Ao acto sumouse a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, quen apelou á responsabilidade e racionalidade no consumo de plástico para evitar o impacto sobre a contorna.

Incidiu en que “a contaminación por plásticos e os seus efectos prexudiciais na saúde, a economía e o medio ambiente non poden ser ignorados”. E púxolle cifras a esta problemática, lembrando que os estudos estiman que entre 19 e 23 millóns de toneladas de plásticos acaban cada ano en lagoas, ríos e mares.

Sinalou ademais que cada minuto “véndense un millón de botellas de plásticos en todo o mundo e cada un deses envases tarda uns 450 anos en descompoñerse”.

Ante isto, Vázquez subliñou que Galicia avoga por avanzar cara a un modelo produtivo máis sostible que supoña a redución de lixo de orixe industrial, o fomento da utilización de materias primas recicladas e o consumo de produtos feitos a partir delas, ademais de apostar polo ecodeseño, “que é unha peza clave na fase de produción para afondar na economía circular”.

Diversos expertos das entidades integradas en Viratec expuxeron as súas experiencias e visións, ao tempo que valoraron a través de varias mesas de traballo, as posibles iniciativas para facer fronte a este tipo de contaminación. O presidente do clúster, Iván José Vicente, lembrou as conclusións de 50 científicos publicadas na revista Nature, que alertan da grave situación actual xa que, tras cuantificar os límites seguros e xustos para preservar a saúde do planeta, certifican que as liñas vermellas foron traspasadas.

Por iso, engadiu, “más que nunca es especialmente importante el trabajo, el conocimiento y la inversión que llevamos a cabo bajo el paraguas de Viratec, ante la urgencia de frenar el progresivo deterioro”.