O voluntariado retirou douscentos quilos de lixo na praia da Corna
Unha nova xornada de coidado medioambiental naPobra do Caramiñaltraduciuse na retirada de 205 quilos de lixo da praia da Corna ao abeiro da campaña estatal Únete a 1 m² contra a “basuraleza”!
Unha decena de persoas decidiu sumarse á limpeza, que contou coa colaboración da Protección Civil. Entre os residuos presentes no areal atopábanse fragmentos grandes de madeira, un bidón voluminoso, numerosos restos de plástico, botellas, latas e algún chisqueiro, entre outros.
A concelleira do Medio Ambiente en funcións, Genoveva Hermo, apunta que esta actividade enmarcouse nos actos do Día Mundial do Medio Ambiente, trala adhesión da Administración local ao proxecto Libera, impulsado por SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes.
Trátase dunha acción máis na senda das que xa se veñen facendo nos últimos anos dentro da campaña local de voluntariado Agora é o momento!. A edil engade que todas elas buscan crear conciencia na preservación das contornas naturais e apelar á responsabilidade cidadá para o coidado destas, polo cal “desta vez a convocatoria tamén estivo aberta a crianzas para así fomenta-lo respecto polo medio ambiente dende idades temperás”, afirmou Genoveva Hermo.
Temas
Más en Área
-
La Asociación de Mujeres Rurales de Val do Dubra reúne a 200 socias en su fiesta anual
-
A Estrada pon en valor os produtos agroalimentarios locais na segunda feira multisectorial de San Xorxe
-
Sofía Shizuko y Waydn unen su talento en un nuevo single titulado ‘como yo te quiero’
-
La residencia de Amicos pasará de 37 a 62 plazas y ofrecerá atención multidisciplinar personalizada