Gangas, talleres, animación e premios na Noite Aberta de Boiro este sábado

Daniel García, á esquerda da mesa, co rexedor na presentación / A.B.E,

Daniel García, á esquerda da mesa, co rexedor na presentación / A.B.E, / M. Manteiga

A Asociación Boirense de Empresarios, en colaboración co Concello e Xunta, organiza este sábado a súa Noite Aberta na vila boirense onde comercios e locais de hostalaría participarán con descontos nos productos durante todo o día. Inclúe unha ruleta da sorte cunha chea de agasallos e tres premios de 50 euros cada un, entre as 18.30 e 21.30 horas na rúa Peonil (cada ticket superior a 10 euros dos comercios participantes da dereito a unha tirada). E tampouco faltarán os inchables, de 12.30 a 14.00 horas e de 19.00 a 21.30 horas (as entradas tamén se conseguen nos establecementos que toman parte) e, por suposto, a animación nas rúas con Pequenos do Barbanza (de 11.30 a 14.00 horas) e Pista Catro (de 20.00 a 21.30 horas). Do mesmo xeito, durante a mañá está previsto un mercado ecolóxico na praza do Centro Social, con postos de artesanía e horta local, e conmemorarase o Día Mundial do Tecer en Público, de 10.00 a 20.00 horas nesa mesma praza, incluíndo obradoiros de balde da man do colectivo Tecedoras do Barbanza.