A fin do mundo acolle a música e literatura das Fisterras atlánticas

Imaxe promocional do encontro Fisterras Altánticas

Imaxe promocional do encontro Fisterras Altánticas / Bela Fisterra

O encontro Fisterras Atlánticas: música e palabras xuntará mañá, día 10 de xuño a partir das 19.15 horas no hotel Bela Fisterra, a autores como Suso de Toro, Chisco Fernández Naval, Modesto Fraga, Xosé Iglesias, Xosé Manuel Lema e Alexandre Nerium, quenes ofrecerán un recital poético no que, ademais de versos propios, porán voz tamén a outros de poetas irlandeses como Seamus Heaney, Bernard O’Donoghue e Lorna Shaugnessy.

A música correrá a cargo a banda Distrito 10, que complementará o encontro cun animado concerto. Todo elo coordinado por Antonio R. de Toro e Miguel Giráldez. A entrada é de balde e os asistentes poderán desfrutar tamén dunha cata de viños da adega Méndez Rojo.

O Bela Fisterra é un hotel literario, o primeiro destas características en Galicia, cuxas habitacións están adicadas a escritores con obras vinculadas ao mar. Os seus espazos están concebidos e deseñados a partir de textos literarios de autores que incluíron ao medio mariño nas súas creacións.