O Bela Fisterra obtén o certificado de Hotel Xusto e laboralmente responsable
J. M. Ramos
O Bela Fisterra vén de obter a certificación de Hotel Xusto e laboralmente responsable, creada no 2022 e avalada pola Secretaría de Estado de Turismo. Una aval que naceu do compromiso adquirido entre a Federación de Servicios CCOO, a Federación de Servicios Movilidad y Consumo de UGT (FeSMC-UGT) de España e UNITE HERE de Estados Unidos e Canadá. Ten como obxectivos sensibilizar a empresarios, empregados e especialmente a clientes e cidadanía sobre a relevancia do traballo decente e o turismo socialmente responsable.
O xerente do Bela Fisterra, Pepe Formoso, asegura que no seu establecemento "sempre fixemos unha aposta decidida pola calidade laboral dos nosos empregados, nuns tempos onde o mercado de traballo se atopa moi desestabilizado".
O hotel fisterrán conta ademais coas distincións S de Sostibilidade, Q de Calidade, Galicia Calidade (polo proxecto) e Galicia Calidade Xeotermia, ademais de sete premios de deseño, cinco deles internacionais. "Seguimos fieis á máxima que forma parte do noso ADN: todo o que non se evalúa, se devalúa", afirma Formoso.
- O PP de Teo aproba delegar na Xunta o reforzo policial, pero rexeita a moción contra Altri no Ulla
- “A nivel salarial non está en absoluto recoñecido o labor que fan os alcaldes”
- Ames executa obras por valor de 2,76 millóns en Bertamiráns, Milladoiro e núcleos rurais
- Ordes enxalza os champiñóns e A Estrada acolle as actividades do Día da Xuventude
- El 'hotel rosa' de Vedra, entre los diez mejores alojamientos de España para la Guía Michelín
- Maio Vintage: Boiro revive os anos oitenta cun mercado retro
- Boiro celebra o Día da Danza cun espectáculo protagonizado por cincuenta bailarinas de ballet
- La Inspección auditará el IES do Milladoiro para atajar la conflictividad