Para Kepa. Ese é o título do videoclip que Bela Fisterra Producións presentará no Festival de Cans o 22 de maio, un proxecto "musical cheo de emocións", afirma Pepe Formoso, promotor da iniciativa, co que pretenden render unha nova homenaxe ao artista vasco Kepa Junquera.