CELEBRACIÓN

Vimianzo xuntou máis de mil cen persoas no Xantar dos Maiores

Foron homenaxeados os de máis idade e todos os participantes foron agasallados cunha imaxe súa enmarcada

Ao acto sumáronse a subdelegada do Goberno e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade

A alcaldesa, á esquerda, e a concelleira de Benestar Social co veciño máis maior

A alcaldesa, á esquerda, e a concelleira de Benestar Social co veciño máis maior / C. Vimianzo

J. M. Ramos

Máis de 1.100 persoas reuníronse este sábado no Xantar de Maiores de Vimianzo, unha iniciativa organizada polo Concello para fomentar a cohesión social entre as persoas de máis idade. A celebración comezou cunha misa cantada, que foi seguida por unha actuación da coral municipal como antesala ao inicio do xantar.

A alcaldesa, esquerda, e a edil de Benestar Social coa máis maior das mulleres que asistiron á festa

A alcaldesa, esquerda, e a edil de Benestar Social coa muller de máis idade / C. Vimianzo

A xornada contou cunha emotiva homenaxe ao señor e á señora máis maiores do municipio, que recibiron un pequeno agasallo. Ademais, todos os asistentes recibiron unha imaxe súa enmarcada, "para gardar para sempre un emotivo recordo desta celebración", subliñan dende o Concello. O Trío Karma foi o encargado de poñer a banda sonora a unha tarde na que non faltou o baile.

Autoridades e concelleiros no acto inaugural do Xantar dos Maiores de Vimianzo

Autoridades e concelleiros no acto inaugural do Xantar dos Maiores / C. Vimianzo

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, agradeceu a todas as persoas “por acompañarnos e por ser unha parte activa e fundamental para que Vimianzo continúe funcionando”. También tivo palabras de agradecemento para o departamento de Servizos Sociais e ás persoas voluntarias polo seu traballo, que é “fundamental e imprescindible para seguir construíndo unha sociedade mellor, na que se garanta o benestar dos nosos maiores”. Pola súa banda, a concelleira de Benestar Social, María José Pose, subliñou que esta xornada "é, sen dúbida, das máis especiais do ano”. 

Cada un dos asistentes foi agasallado cun imaxe súa enmarcada

Cada un dos asistentes foi agasallado cun imaxe súa enmarcada / C. Vimianzo

Á cita tamén se sumaron o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, quen asegurou que “o noso país ten unha débeda con todas e todos vos, porque a vosa aportación foi fundamental para consolidar a democracia, e para que hoxe teñamos as cotas de benestar que temos”.

TEMAS