SOLIDARIEDADE

Andaina en Ribeira a beneficio da ANPA do colexio Sagrado Corazón

Terá lugar este domingo, día 28 ás 11.00 horas, dende o castro de Castiñeiras ata Aguiño

A andaina partirá do castro de Castiñeiras e rematará en Aguiño

A andaina partirá do castro de Castiñeiras e rematará en Aguiño / ECG

Suso Souto

O Concello de Ribeira e a ANPA do colexio Sagrado Corazón de Castiñeiras organizaron para este domingo 28 ás 11.00 horas a IV Andaina Solidaria Memorial Juan Vidal Pérez, que se iniciará no castro de dita localidade ribeirense.

Todos os fondos que se recauden irán destinados á Asociación de Nais e Pais, co propósito de organizar actividades, obradoiros e charlas para os rapaces e rapazas ao longo do curso escolar.

O itinerario será circular e terá un percorrido de 5 quilómetros, entre o castro de Castiñeiras e Aguiño. Juan Vidal Pérez comezou con este evento hai moitos anos e hoxe séguese organizando na súa memoria, co propósito de promover o deporte de base e inclusivo.

As inscricións pódense realizar a través da páxina web de Galitiming e ten un prezo de 6 euros, segundo indica a organización.